viernes, 8 de mayo de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS

 Durante varias sesións de abril e maio, o alumnado colaborador de 6º de EP, achegouse ás aulas de 4º de primaria para compartir a lectura dun libro de aventuras no que os protagonistas viaxaban á Idade Media, o tema arredor do que xiraron  moitas das actividades que levamos a cabo no noso centro neste curso.

 

Ao rematar a historia, todos xuntos,  debaterán sobre os aspectos que máis lles gustaron, emocionaron ou divertiron.

Estas sesións favorecen a interacción do alumnado colaborador co alumnado de niveis inferiores, aportando un modelo positivo no entorno da lectura grupal.

 

  

lunes, 4 de mayo de 2026

DIGICRAFT : AVENTURA INTELIXENCIA ARTIFICIAL

 

Durante o mes de abril, realizamos co alumnado de quinto e sexto, unha serie de actividades de Biblioteca Creativa en colaboración co proxecto DigiCraft de boas prácticas no uso das TIC.

 

O obxectivo dos obradoiros foi reflexionar sobre o significado da Intelixencia Artificial e o seu correcto uso.

 

 


 

 

 

 

 

 

 

O alumnado empregou diferentes ferramentas tecnolóxicas de elaboración e recoñecemento de imaxes, coa finalidade de entender como realiza este proceso a IA e valorar o que significa este avance que debe ser empregado con coidado.

OBRADOIRO DE XOGOS CON BRAZOLINDA

 

 Na última semana de abril o alumnado de 1° e 2° de EP, gozou dos orixinais xogos, en galego,  creados pola compañía Brazolinda.

 


 

Os xogos de mesa, de creación propia, están pensados para que grandes e pequenos poidan desfrutar xuntos e enriquecer as aprendizaxes de actitudes, dinámicas e habilidades motrices e mentais.

Resultou unha xornada moi dinámica, amena e creativa.

                         Alumnado e profesorado están desexando repetir!!

lunes, 27 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

En Educación Infantil, tamén celebramos o día do libro cos contos preferidos do alumnado. 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cada neno e nena trouxo o seu libro favorito para compartir na aula cos seus compañeiros e compañeiras.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais, ao igual que en EP, decoraron as cubertas medievais con debuxos deses contos preferidos.

 

sábado, 25 de abril de 2026

23 DE ABRIL-DÍA DO LIBRO

Durante o mes de abril estamos a realizar na biblioteca do noso centro unha chea de actividades diferentes para conmemorar o DÍA DO LIBRO.

 

 

 

 

 

O alumnado colaborador (nenas e nenos maiores que axudan no desenvolvemento de obradoiros e outras tarefas da biblio) fíxolle unha proposta aos  estudantes de 3º de E.P á que se uniron moitos outros niveis do centro. Consistía na elaboración dunha portada do seu libro favorito seguindo un deseño medieval, xa que A IDADE MEDIA é o tema que traballamos durante este curso en todas as actividades que se fan.

  

Parte do alumnado que colaborou coa Biblio na presentación desta actividade.


A grande participación e a calidade creativa e artística dos traballos presentados dá idea do que nos gusta ler neste cole e o moito que se valora este amigo noso : O LIBRO.

 

lunes, 20 de abril de 2026

OBRADOIRO DE COLLAGE CON CARLOS GALLEGO

Comezamos a Semana do Libro coa colaboración dun artista xa coñecido no noso centro.


 

 Carlos Gallego volveu un vez máis a sorprender e estimular a creatividade do alumnado máis pequeno do noso cole: os nenos a as nenas de E.I, que coa axuda inestimable dos nosos colaboradores e colaboradoras da Biblioteca lograron facer verdadeiras obras de arte coas súas manciñas e uns recursos moi sinxelo.

miércoles, 25 de marzo de 2026

Hora de Ler


 

 

 

 

 

Lembrade que, como cada ano, seguimos adicando unha franxa diaria ao tempo de lectura:

 

 
No noso centro este espazo vense desenvolvendo todos os días de 12 a 12:20 h (despois do recreo).
 


Esta actividade recollerase no novo Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información (PLEA). O obxectivo fundamental desta práctica é o fomento do hábito lector, o desenvolvemento da competencia lectora e o gozo persoal da lectura, así como a mellora da comprensión lectora, o fomento dun lectura crítica, creativa e reflexiva, e o perfeccionamento da expresión oral e escrita.